Get your own free workspace
View
 

drogodependencias

Page history last edited by biblioteca ciencias da educacion 2 years, 11 months ago

DROGODEPENDENCIAS

http://www.socidrogalcohol.org/

Esta é a páxina web da Sociedade Científica Española de Estudos sobre o alcohol o alcoholismo e as outras toxicomanías.

Nela ofrécese información moi útil, veraz e seria sobre diversos tipos de drogodependencias.

Así mesmo, nela tamén parecen enlaces, documentos e formación en drogodependencias moi útiles e rigorosos que sen dúbida serán moi interesantes para abordar a temática das dependencias así como para formarse ou informarse sobre este ámbito.

www.edex.es

Web dunha organización non lucrativa de acción social creada no País Vasco co obxectivo de promover o desenvolvemento da infancia e da adolescencia mediante a educación e o tempo libre centrando o seu traballo, no deseño e na execución de programas de intervención socieducativa con menores e coas súas familias en situación de dificultade social; nesta organización trabállase tamén educación en valores e na atención ás drogodepencias poniendo o énfase na prevención.

Nesta web atópanse diversas publicacións e programas desenvolvimos por esta organización así como ferramentas para traballar co tema das drogodependecias. Gran parte do material que aparece pódese descargar, polo tanto resulta moi útil para “aprovisionarse” de recursos de calidade para traballar ou informarse sobre o tema das drogas.

www.bibliotecasocial.net/

Nesta páxina aparece unha edición dixital de moitos libros ou publicacións relacionados con temas sociais; permítese a descarga de todo ou de case todo o material que aparece nela.

www.gobiernodecanarias.org/sanidad/dgad/

Nesta páxina  aparecen as iniciativas de carácter público que se teñen levado a cabo en Canarias en materia de drogas.

Son iniciativas moi interesantes e os documentos, ferramentas e recursos que dentro desta web aparecen teñen un alto valor formativo e resultan moi interesantes á hora de tratar ou formarse no tema das drogas.

www.grupigia.com

Esta é a web de GRUPIGIA, unha organización non gubernamental de ámbito estatal integrada por profesionais do campo das drogodependencias que proveñen de diversas disciplinas (psicología, medicina, antropología…).

Este grupo fundamentalmente pretende xerar, espazos de encontro e instrumentos para a reflexión e o debate en torno a diversos aspectos relacionados co fenómeno das drogodependencias e, nesta páxina ofécennos información, materiais e ferramenas de gran utilidade.

www.lasdrogas.info

 

Web do goberno de Canarias na que aparece unha gran cantidade de información e  de recursos e ferramentas para formarse e informarse neste tema.

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.