Get your own free workspace
View
 

FrontPage

Page history last edited by biblioteca ciencias da educacion 3 years, 2 months ago

 

WIKI DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN

 

Outros wikis da Biblioteca:

 

Espazo de cine

 

Convocatoria de mail art

 

Benvido ao wiki de información e de formación de usuarios/as da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

 

Déixate levar polas nosas ondas e atoparás barcos cheos de recursos de interés en educación, unha gran nave só para cine de educación e psicoloxía e moitas barquiñas que che levarán ao coñecemento dos nosos servizos. 

 

Aprendendo a utilizar todos os nosos recursos e servizos e acadarás mellores resultados. A nosa web pode ademais guiarte polos nosos servizos.

 

Asistindo ás nosas formacións conseguirás:

  •  mellorar o teu traballo

  • acadarás os niveis máis altos na investigación

  • Multiplicarás os teus resultados académicos co mesmo esforzo

As sesións son impartidas polo persoal da biblioteca e a súa duración depende da sesión elexida. Poderás elexir entre sesións de formación básica ou ben máis específicas para a túa investigación. Tamén poñemos á túa disposición unha serie de tutoriais virtuais sobre algunas ferramentas de interés.

 

  • SESIÓN DE INICIACIÓN OU BENVIDA Á NOSA BIBLIOTECA

Ao inicio do curso a Biblioteca prepara sesións de introducción aos seus servizos PRESENTACIÓN XERAL.ppt, nas que facemos unha vista guiada e ensinamos o manexo do catálogo.  presentacionopac.ppt

Ademáis calquera usuario/a pode solicitar unha sesión de iniciación.

  • OS RECURSOS ELECTRÓNICOS DA TÚA UNIVERSIDADE:

Sesión introductoria aos recursos electrónicos que ten subscrita a nosa universidade, así coma outros de acceso gratuíto e que poden ser de interés para os usuarios/as. Dentro desta sesión se fará un recorrido polas bases de datos de interés en educación, psicología, sociología e afíns, os paquetes de revistas electrónicas, así como algunhas ferramentas útiles para traballar cos resultados. presentacionbibdixital.ppt

  • A WEB 2.0 E A SÚA APLICACIÓN ACADÉMICA

A web hai tempo que deixou de ser algo estático e delimitado, dende o nacemento da web 2.0 ou web social que está orientada ao usuario. Agora quen o desexe pode participar, os recursos se poden compartir, calquera pode crear o seu espazo gratuíto e publicar contados. A web social proporciona ferramentas útis tanto para o alumno/a como para o prfesor/a ou investigador/a: blogs, wikis, myspace, alertas rss, creacción de presentacións… A Biblioteca pode axudarte a manexarte neste novo universo.

  • FORMACIÓNS ESPECÍFICAS EN RECURSOS DUNHA MATERIA

Se queres coñecer as fontes de información que hai para unha materia determinada solícitanolo.  Impartimos además formacións específicas para grupos de usuarios, equipos de traballo, departamentos, terceiro ciclo, docentes

  • FORMACIÓN NA UTILIZACIÓN DUNHA BASE DE DATOS

A Biblioteca está subscrita a unha serie de bases de datos nas que se pode buscar información sobre un tema o un autor, coñecer as citas que teñen os nosos traballos ou cales son as revistas más punteras nunha materia para tentar publicar nelas, outras bases nas que podemos obter legislación ou normativa a texto completo… Na nosa páxina podes saber cáles son as bases de datos principias e solicitarnos formación naquela ou aquelas que sexan do teu interés e deste xeito obter os mellares resultados. guiaprocuras.doc

Se estás a facer un traballo de investigación, queres facer unha bibliografía, estás elaborando a túa tese, queres citar a algún colega ou investigador no teu blog… e precisas axuda, solicítanolo.

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.