Get your own free workspace
View
 

igualdade e coeducacion

Page history last edited by biblioteca ciencias da educacion 2 years, 11 months ago

IGUALDADE E COEDUCACIÓN

 

-         Mujeres en Red.

Está é a primeira rede de mulleres en castelán creada en internet. Permite coñecer e contactar con colectivos de diferentes partes do mundo, atopar recursos e informarse sobre temas moi diversos. As súas autoras son Montserrat Roig (periodista que tranballa na actualidade  nos servicios informativos de Televisión Española) e Lola Pérez Carracedo (periodista)

 

 

-         Ministerio de Igualdad

      Organismo que leva a cabo as políticas de igualdade no plano estatal. Contén estatísticas sobre mulleres e información sobre os dereitos das mulleres, proxectos, programas, convocatorias públicas, enlaces e publicacións relacionadas coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

 

 

-         E-LEUSIS. La Ciudad de las Mujeres en la Red:

Esta web contén noticias, foros de debate, un observatorio da saúde da muller, documentos, asesoría xurídica, asesoría sobre emprego, información sobre cine e multimedia, teatro, enlaces e publicacións sobre muller, materiais multimedia con enfoque de xénero…

 

 

-         Comisión para a Investigación de Malos Tratos a Mulleres:

Información sobre recursos, noticias, campañas, accións, convocatorias e lexislación en torno á prevención e actuación ante a violencia de xénero.

 

 

-         Hombres por la Igualdad de Jerez :

Web do Ayuntamiento de Jerez (Cádiz). Espazo con artigos, ponencias  e direccións de interés relacionadas coa contribución dos homes á igualdade de oportunidades, á construción social de novas masculinidades e á redefinición da identidade masculina que algúns homes están facendo para conseguir unhas relacións humanas máis igualitarias, satisfactorias e xustas. Unha iniciativa interesante.

 

 

-         Centro de Estudios de la Condición Masculina:

Organización privada e independente coordinada polo psiquiatra Luís Bonino, dedicada a promover cambios no estilo de vida, no comportamento e na saúde dos homes. Busca estimular proxectos de vida masculinos democráticos, non violentos, de igualdade e nos discriminación no cotián, que os varóns se encamiñen cara a busca do benestar compartido dende unha ética de respeto de xénero.

 

 

-         Sin Género de Dudas:

Bitácora especializada en xénero e democracia, con actualización semanal de contidos sobre políticas de igualdade, participación social, política e economía, creatividade e innovación, tecnoloxías da sociedade da información… A súa autora, Carmen Castro, é experta en políticas europeas de xénero e máster en Estrategia de AMinstreaming de Género.

 

 

-         Mujer Palabra:

Web dedicada á creación, ao pensamento e ao activismo. Preséntase como portal altruísta e de inspiración creativa, rebelde e crítica. Inclúense publicacións de mulleres sobre temas de muller. Neste espazo colaboran escritoras, pintoras, actrices... de calquera lugra do mundo.

 

 

-         CELEM Coordinadora Española para el Lobby Europeo de Mujeres:

Agrupación de organizacións de mulleres para defender os dereitos e intereses das mulleres dentro e fora da Unión Europea. Constituído en Bruselas en 1990 e presentada no Senado en 1994. Inclúe información sobre programas, publicacións, noticias e enlaces de interés.

 

 

 

-         Red Feminista:

Rede Estatal de Organizacións Feministas contra a Violencia de Xénero.

 

 

-         Fundación Mujeres:

ONG dende a que se traballa na posta en marcha de proxectos de intervención nos diferentes ámbitos da participación social, política, económica e cultural.

 

 

-         Educar en Igualdad:

Directorio web de recursos educativos para a igualdade e para a prevención da violencia de xénero. Da Fundación Mujeres, dentro do programa europeo Daphne.

 

 

-         Autoras en Red:

Difusión a través de internet da creación literaria feminina en calquera das seus múltiples vertentes (novelas, contos, ensaios, relatos, obras teatrais, guións para cine, televisión e radio,teses doctorais, traballos de investigación…etc)

 

 

-         Asociación Española de Mujeres Profesionales de los Medios de Comunicación:

Foro plural de opinións e experiencias, tratando de positivar a imaxe da muller, tan deteriorada e maltratada nos medios escritos e audiovisuais.

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.