Bases de datos
Antes de comezar debes saber se xa existe algunha tese publicada sobre a materia. O mellor é qeu consultes as bases de datos:
PQ Dissertations and Theses
Proporciona referencias bibliográficas e abstracts de máis de 1,2 millóns de teses lidas en máis de 1000 institucións de todo o mundo dende 1861. Cada disertación publicada desde xullo de 1980 inclue un resumen de 350 palabras feito polo autor.
TESEO.
Recolle información das teses doctorais das Universidades españolas dende 1976.
Unha vez decidido o tema sobre o que versará a túa tese deberás recabar toda a información disponible: monografías, artigos de revistas, actas de congresos... Para isto están as bases de datos, nas que podes facer calquera procura e obter referencias sobre distintos documentos, moitas veces coa posibilidade de acceder electrónicamente ao texto completo. Para iso o máis importante é realizar unha boa estratexia de búsqueda.
Multidisciplinares:
ISI Web of Science
Información:
Isi WOS é un recurso que se compón de cinco bases de datos:
• Science Citation Index Expanded
Os índices de citas, Science Citation Index Expanded, son índices de revistas científicas. Contan con 5.900 revistas indexadas dunhas 150 disciplinas científicas. Proporcionan acceso a información en curso e retrospectiva dende 1945, con un promedio de crecemento de 19.000 novos rexistros á semana, e 423.000 novas referencias citadas por semana.
• Social Sciences Citation Index
Inclúe indexadas máis de 1.725 revistas de 50 disciplinas das ciencias sociais; indexando de xeito individual e seleccionado, ítems importantes de cerca de 3.300 revistas científicas e técnicas mundiais. Con un fondo retrospectivo que vai dende 1956, con unhas 2.900 novos rexistros cada semana, inclúe unhas 60.000 novas citas por semana.
• Arts & Humanities Citation Index
Índice que cubre 1.144 revistas de artes e humanidades, e son seleccionadas e indexadas entre cerca de 6.800 revistas da ciencia e ciencias sociais.
Proporciona acceso a información en curso e retrospectiva dende 1975 , cun incremento semanal de 2.300 novos rexistros; engade aproximadamente 15.250 novas citas por semana; contendo un total actual sobre os dous millóns e medio de rexistros.
• Index Chemicus
Dende 1993 a 2003 conten ao redor de 2.1 millóns de compoñentes; e actualízase cuns 3.500 compoñentes cada semana.
• Current Chemical Reactions
Entre os anos 1986 e 2003, contaba con máis de 650.000 reaccións; actualizándose con 3.000 máis de xeito mensual; a base de datos contén ademais 140.000 reaccións do prestixioso Institut National de la Propiété Industrielle, dende 1800.
Index Chemicus e Current Chemical Reactions, conteñen representacións gráficas das estruturas das reaccións que aparecen nos artigos de revistas que eles cubren. Podes atopar estas bases de datos por estrutura, por un detalle dun compoñente ou reacción, ou pola información bibliográfica (tema, autor, título, dirección).
Guía de uso (Inglés)
Bases de datos do CSIC
Contén varias bases de datos bibliográficas elaboradas por diversas Seccións ou Centros do CSIC: ICYT: contén referencias dos artigos de investigación en ciencia e tecnoloxía extraidos de revistas editadas en España desde 1979. IME: contén as referencias bibliográficas dos artigos publicados en revistas españolas sobre biomedicina desde 1971. ISOC: contén referencias de artigos de revistas, monografías, informes técnicos, actas de congresos, etc. publicadas en España sobre diversas disciplinas das ciencias sociais e humanidades. DATRI: contén referencias de Transferencia de Resultados de Investigación da Rede OTRI/OTT e a oferta científica e tecnolóxica das entidades incluidas nela. CIRBICL: é o catálogo colectivo de libros das Bibliotecas do CSIC. Ademáis da información bibliográfica, proporciona a localización de exemplares nas bibliotecas do CSIC. CIRBICR: é o catálogo colectivo de revistas do CSIC. Ademáis da información bibliográfica, proporciona a localización concreta das revistas nas distintas bibliotecas do CSIC.
Medicina:
MEDLINE
Medline (ISI)
Medline Standard é a base de datos completa da U.S. National Library of Medicine dende 1966 ata o presente. Medline contén citas e resumes da literatura biomédica mundial, incluíndo investigación, práctica clínica, administración, políticas sanitaria e servicios de saúde. Recolle artigos publicados en aproximadamente 3.400 revistas especializadas de 70 países. Recolle tamén capítulos e artigos de libros. Contén ademáis o Thesaurus MeSH (Medical Subject Headings).
Biblioteca Cochrane Plus
Tradución da Cochrane Library, contén información en castelán da área da Medicina baseada na evidencia, que se actualiza catro veces ao ano, en febreiro, maio, agosto e novembro. Guía de uso no portal de Atención Primaria Fisterra.com
Cinahl
Base de datos da área de enfermería e outras especialidades médicas tales como a biomedicina, medicina alternativa ou complementaria, etc. Recolle unhas 2.737 publicacións e contén máis de un millón de rexistros que abarcan dende 1982 ata a actualidade. Contén acceso a libros sobre asistencia médica, teses sobre enfermería, actas de conferencias seleccionadas, normas de prácticas, software educativo, audiovisuais e capítulos de libros. O material textual inclúe mais de 70 revistas de casos legais, innovacións clínicas, camiños críticos, rexistros de drogas, instrumentos de investigación e ensaios clínicos.
Ofrece publicacións da National League for Nursing e da American Nurses´Association, entre os que destacan algúns títulos como: AANA Journal, California Hospitals, Gastroenterology Nursing, Maternal and Child Health Journal, Paediatric Nursing, Parents, etc.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.