Refworks:
Guía rápida de uso: Ver guía en PDF
Ver outras guías: Ver guías
Refworks, de CSA, é o novo xestor de referencias bibliográficas adquirido, a través de DOC6, polas tres universidades galegas en colaboración co Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.
Os xestores de referencias bibliográficas coma Refworks, son programas que permiten ós usuarios, a través dunha subscrición institucional, abrir unha ou mais contas para xestionar a súa bibliografía.
O programa de administración bibliográfica Refworks permite:
- Crear unha base de datos persoal en liña. Pode almacenar unha cantidade ilimitada de rexistros con acceso dende calquera ordenador conectada á Internet. Non require descargar nin instalar ningún software, e as actualizacións son automáticas.
- Importar referencias bibliográficas automaticamente a partires de diferentes bases de datos, catálogos de bibliotecas e provedores como EBSCO, Wilson, ProQuest, ScienceDirect, ISI, OVID, Elsevier etc. A listaxe completa pódese consultar en: Ver listaxe de recursos
- Organizar referencias bibliográficas. Pode clasificar e arquivar referencias de arquivo fácil e rapidamente usando carpetas, pode duplicar índices de busca e autor, palabra clave e publicacións periódicas.
- Formatear bibliografías e documentos en segundos. Elaborar listados bibliográficos, dándolles o formato adecuado de maneira automática para incorporar a calquera documento de traballo. Dispón de numerosos formatos (Vancouver, MLA, APA, Chicago, etc) e se pode cambiar de un a outro con un simple clic do rato.
RefWorks é o medio ideal para almacenar unha base de datos persoal de investigación, intercambiar investigacións con colegas e descargar bibliografías en diferentes formatos de acordo ás esixencias das diferentes publicacións. Ademais de proporcionar mecanismos de investigación, ao profesorado tamén lles permite proporcionar acceso de só lectura ás bibliografías relacionadas cun curso.
Esta subscrición complétase coa opción RefShare, que se engade ó módulo de RefWorks e que permite compartir bases de datos de RefWorks de diferentes institucións, poñendo a disposición doutros usuarios da Universidade ou doutras institucións, as carpetas que decida compartir, nas condicións de acceso que defina (lectura,impresión, importación….) e permitindo deste xeito a realización de proxectos compartidos.
Para facilitar o traballo podemos empregar Write-N-Cite, un plug-in para Microsoft Word que lle permitirá crear a bibliografía do seu traballo engadindo referencias bibliográficas directamente dende Refworks cun so clic.
Tamén podemos empregar RefGrab-It un script que, dende o seu navegador (Internet Explorer ou Firefox), capturará información bibliográfica dende as páxinas web que nas que se atopen ISBNs, Pubmed-ID ou DOI, e as gravará directamente na súa conta de Refworks.
Tamén existe a posibilidade de crear unha listaxe interactiva coas tuas citas bibliográficas. Existe unha ferramenta gratuíta, de MIT (Massachussets Institute of Technology), Citeline que che pode axudar: permite crear unha exibición web interactiva de unha bibliografía ou citas bibliográficas ven a partir dun novo arquivo BibTEX ou importándoo dende Refworks ou Endnote. Hai bases de datos que temos subscritas, como as de Web of Science, que permite exportar os resultados nese formato e despois con Citeline crear a listaxe interactiva.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.